Camiños e etapas a Santiago de Compostela
A nova guía do Camiño de Santiago de Eroski Consumer proporciónache algunhas pistas para que elixas o camiño que mellor se adapte aos teus obxectivos
Parabéns, xa tomaches a decisión máis importante: facer o camiño de Santiago! A partir de agora serán numerosas as cuestións que resolver: que ruta elixir, onde durmir, que visitar… Por iso, queremos axudarte. A nova Guía do Camiño de Santiago de EROSKI CONSUMER conta con máis información e novos detalles actualizados para que elixas o camiño que mellor se adapte a ti. Preguntas e dúbidas como que camiño percorrer de acordo coas túas necesidades físicas, cal é a mellor ruta segundo o tempo do que dispós ou, por exemplo, que percorrido é o máis interesante para as túas inquedanzas como visitante ávido de arquitectura e historia están máis que resoltas.
Ultreia e bo camiño!

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Camiño do Norte
Vía da prata
Camiño Sanabrés
Camiño Vasco
Camiño Portugués
Camiño Catalán por San Juan de la Peña
Camiño Baztanés
Camiño Inglés
Camiño de San Salvador
Epílogo a Fisterra e Muxía
Número de camiños e de etapas
O Camiño de Santiago foi, e segue sendo, a ruta máis antiga de peregrinaxe, a máis concorrida e tamén máis celebrada do vello continente. Está composto por 12 camiños recoñecidos oficialmente, aínda que hai máis. Pola súa vez, estes 12 camiños reúnen un total de 172 etapas e todas elas agardan a que os peregrinos as percorran ata chegar a Santiago de Compostela. En total, máis de 1.500 km ateigados de frechas amarelas, paisaxes e lendas.
Con todo, todos os camiños non son iguais, cada un ten unha dificultade diferente e caracterízase por unha orografía e un firme distinto; nalgúns camíñase por sendas ou pistas, hainos que discorren por estrada e outros moitos combinan ascensos pronunciados, as famosas “rutas rompe pernas”, e descensos que requiren unha previa preparación para evitar tendinites e problemas musculares que poden dificultar a súa continuación.

Camiño Francés
O eixo máis importante e popular das peregrinacións xacobeas

Camiño Primitivo
Punto de partida para descubrir a senda do primeiro camiño coñecido

Camiño do Norte
Vía antiga e prefirida polos reis europeos da Idade Media

Vía da prata
O camiño máis importante que parte desde o sur da península

Camiño Sanabrés
Calzada que comunica o centro da península co norte de España

Camiño Vasco
Eixo xacobeo fundamental e porta de entrada ao centro da península

Camiño Portugués
O Camiño Portugués máis importante e segundo camiño con máis afluencia

Camiño Catalán por San Juan de la Peña
Camiño que parte de Montserrat e únese a outros ao seu paso por Aragón

Camiño Baztanés
Itinerario que conflúe co Camiño Francés ás portas de Pamplona

Camiño Inglés
Ferrol e A Coruña, dúas alternativas para o comezo desta ruta

Camiño de San Salvador
Ruta desde o Parador Nacional San Marcos de León e a Catedral de Oviedo

Epílogo a Fisterra e Muxía
Prolongación dos diferentes camiños desde Santiago hata Fisterra e Muxia