Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Viaxes > Camiño de Santiago > O camiño en bicicleta

O camiño en bicicleta

Consellos para facer o camiño en bicicleta

Antes de saír estuda ben as etapas. No caso do Camiño Francés son 760 quilómetros (27 máis se se empeza en Saint Jean de Pied de Port); o Camiño Aragonés discorre durante 820 quilómetros. A ruta primitiva é relativamente curta, son aproximadamente 315 quilómetros. O ideal é facer menos quilómetros por etapa pero se é posible por camiño. En liñas xerais é un percorrido técnico con continuas subidas e baixadas. Algúns tramos, por desgraza, hai que salvalos por estrada.

Cómpre estudar os perfís das etapas: todas non son iguais e en todos os tramos as pernas non se che cargarán igual. (Nesta web tes perfís de todos os traxectos).

Antes de saír planea ben as etapas. Son 800 quilómetros, e terás que ver o tempo de que dispós para organizar os días cos que contas. Estuda os perfís das etapas: todas non son iguais e en todos os tramos as pernas non se che cargarán igual.

Organiza ben a equipaxe na bicicleta. Hai que levar o peso equilibrado para que o pedaleo sexa o máis cómodo posible. Para iso faite con alforxas ou portaequipaxes na parte traseira, un triángulo con ombreira para colocar debaixo da barra da sela e gardar as ferramentas, e, algo moi práctico é unha bolsa para colocar no guiador, xa que podes gardar aí a documentación ou as rutas do camiño.

Os camiñantes teñen preferencia ata as 20:00 sobre os ciclistas. O lugar elixido para pasar a noite é outro dos factores que deben influír na planificación da ruta. A partir das 8 da tarde, os ciclistas teñen a mesma preferencia nos albergues que os que van a pé. Isto é así porque se alguén que vai a pé chega a un albergue que está ateigado teríase que ir ao seguinte, que poida que estea a 10 ou 15 km. Isto suporíalle 2 ou 3 horas máis, pero para un ciclista sería media hora de pedaleo.

Algunhas das vantaxes que podes aproveitar polo feito de facer o Camiño en bici son:

- En bici poderás escapar facilmente do Camiño de Santiago para coñecer lugares próximos interesantes.
- Poderás parar máis tempo nos lugares máis bonitos do Camiño, para mirar todo sen présa.
- En bici terás un vehículo para desprazarte polas cidades nas que pares, para facer compras, visitar os lugares, etc.

Establecer as etapas da ruta para percorrela en bicicleta é un exercicio moi persoal. Hai multitude de opcións e depende do tempo previsto para realizala, a forma física, a elección da bicicleta, etc. Non é o mesmo ir por estrada en bici de carreiras que por camiños nunha de montaña. Ou con coche de apoio ou sen el xa que non é igual ir cargado con vultos que sen eles. A división de etapas reflectida máis abaixo ten en conta que se fai ao estilo tradicional, é dicir, en bici de montaña, con equipaxe, e por camiños sempre que se poida.

Unha media de 12 quilómetros á hora. Un peregrino a pé fai unha media de 5 quilómetros por hora. Unha media alcanzable para un ciclista que percorra este camiño podería estar entre os 11 e 13 quilómetros á hora. Unhas 5 horas de esforzo diario para completar 60 quilómetros.

No inverno, maiores dificultades. O 90 % dos peregrinos, incluídos aqueles que percorren o camiño en bicicleta, optan por viaxar nos meses de maio a setembro. As cuantiosas precipitacións, sobre todo en Galicia, fan que internarse polo seu occidente nos meses invernais se converta nun duro exercicio, máis en bicicleta, onde o peregrino ten que rodar en moitos tramos por asfalto.
O Principado de Asturias rehabilitou e sinalizou sendas do Camiño Primitivo que estaban perdidas, dotando así o itinerario de maior comodidade e seguridade.
Debido á orografía, a época máis recomendable para facelo en bici é desde maio ata finais de setembro.